Deseñador, artista, artesán, Arturo Álvarez prefire definirse como creador, rebelde e autodidacta. Con trinta anos de traxectoria, é recoñecido como un dos deseñadores españois máis destacados en iluminación polas súas achegas conceptuais e artísticas. Premios e recoñecementos internacionais avalan o seu traballo ao longo dos anos.
Desde 2014 realiza un traballo con forte compoñente artístico, rompendo fronteiras entre arte e deseño ao realizar esculturas con luz e instalacións lumínicas aclamadas por críticos e público.
venres, 1 de marzo de 2024
1-3-2024. Venres da EMAO presenta a Arturo Álvarez [TALLA E ESCULTURA]
Variacións estéticas na gaita [CAIM GAITA]
De cando en vez temos algún alumno que sinte a necesidade de ir un pouco máis alá e decide darlle un toque máis personal a súa gaita.
Este é o caso de Toni, alumno de básico, que quixo facer variacións no deseño exterior do seu instrumento para, se cabe, facelo aínda máis seu. Para elo tomou como referencia dous dos modelos que temos, facendo unha mestura de ambos e dándolle o seu toque personal. Lóxicamente os cambios non afectan á calidade sonora do instrumento, xa que son puramente estéticos, e temos que ter en conta que Toni está no primeiro curso e ainda non adquiriu as competencias suficientes para abordar modificacións máis profundas, pero visto o resultado todo se andará.
xoves, 29 de febreiro de 2024
ARTURO ÁLVAREZ. A FORMA E A LUZ [TALLA E ESCULTURA]
De formación autodidacta a súa inquietude creativa aparece desde neno cando comeza a achegarse ás posibilidades que os obxectos e materiais naturais da súa contorna ofrecíanlle, para de maneira natural construír os seus propios xoguetes. A principios dos 90 comeza a experimentar co vidro, centrándose en técnicas como vitreaux e Tiffany creando as súas lámpadas cunha inspiración Art Noveau pero desde unha perspectiva contemporánea. O seu espírito creador, así é como se define, lévalle a estar en continua investigación e evoluciona cara a unha linguaxe próxima á abstracción, inspirando as súas pezas luminarias en formas orgánicas en conexión coa natureza.
Co deseño de lámpadas contemporáneas traballou ata 2020 posicionándose en todo o mundo como un referente, pero nese ano decidiu vender a empresa que desenvolveu durante 25 anos para centrarse totalmente na súa produción artística dentro do campo da escultura, onde a luz e a proxección desta é a linguaxe co que dá forma á súa creatividade, explorando e creando con materiais no seu fantástico estudo-taller, cheo dunha preciosa luz tamizada pola vexetación que lle rodea, como non podía ser doutra maneira as súas obras están cargadas desa luz emocional coa que convive no seu espazo de creación, situado nun lugar inspirador no municipio de Vedra, zona rural próxima a Santiago de Compostela.

A traxectoria artística de Arturo Álvarez está chea de éxitos e recoñecementos, recentemente chegado da feira Madison Objet Paris na que destacou o seu traballo, a súa obra foi exposta e forma parte de coleccións privadas e institucións de lugares como Lisboa, Madrid ou Nova York. É unha sorte poder contar con él este próximo venres 1 de Marzo nos Venres dá EMAO , na que poderemos charlar sobre a súa experiencia artística e o seu proceso creativo. Apuntalo na axenda!!!
Fotografías Rosa García @rosgarciam
Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 26 febreiro ao 1 de marzo de 2024 [OUTRAS NOVAS]
mércores, 28 de febreiro de 2024
29-2-2024. Conferencia "O oficio de formaire. Moldes para a elaboración do papel artesanal" por Serge Pirard [OUTRAS NOVAS]
![]() |
| Xoves 29-2-2024 de 19.30 a 20.30 |
Nesta conferencia Serge Pirard, un dos poucos artesáns que continúa co oficio case en extinción, de fabricante de moldes para a elaboración de papel artesanal, falaranos de como se realizan estes moldes. Desde a selección da madeira adecuada para realizalos, ata o molde final.
Hai ao redor de 100 pasos para fabricar un molde para elaborar o papel adecuado. Existen principalmente tres tipos diferentes de moldes, nesta conferencia tratará os máis importantes: do traballo da madeira para elaboralos, das unións específicas das barbas que lle dan un carácter propio e diferencial co papel feito a máquina, explicará o traballo no tear para torsionar o arame, o pegado das cubertas, o acabado e por suposto falaranos das filigranas, da luz e a sombra.
Máis información:
martes, 27 de febreiro de 2024
luns, 26 de febreiro de 2024
26-2-2024. Inauguración da Exposición O Mapa, 6ª Bienal do Coiro da EMAO [ESPAZO EMAO]
"O Mapa", representa a sexta edición da Bienal do Coiro que a EMAO organiza desde o ano 2013, consolidándose como referencia obrigada neste ámbito da artesanía. A cada edición déuselle un enfoque singular que fixera visibles as propiedades artísticas e funcionais do coiro.
Nesta edición, trabállase a idea da elaboración dun mapa no que
os puntos de interese relacionados co coiro sexan as referencias
xeográficas que nos poidan axudar a establecer un roteiro cos puntos
“coiristicamente” máis representativos. Con esta exposición quérese
comezar debuxando ese mapa por capas, establecendo un roteiro que una ás
Escolas nas que se ensina a traballar o coiro mantendo vivo o oficio, á
vez que outro roteiro una aos Museos, específicos ou cunha importancia
relevante do
coiro. Así, nesta exposición, únense Madrid, Igualada, Burgos, Vic,
Pontevedra, Córdoba, Ubrique, Monforte de Lemos, Allariz, Silleda e
Vigo, que é a orixe e destino desta viaxe no Coiro. O alumnado da Escola
(actual e pasado) terá o seu protagonismo, achegando exemplos de
traballos realizados. En paralelo, desenvolveranse actividades
(másterclass, visitas, conferencias ...) que complementan o programa da
Exposición.
Mentres as Escolas e os Museos sigan mantendo o seu esforzo na conservación e promoción do Coiro e os seus oficios, o traballo de moitos artesáns, que durante séculos ennobreceu este material, seguirá vivo ...
Nome: O Mapa
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola
Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e
Rosalía de Castro)
Datas: do 26 de febreiro ao 22 de abril de 2024
Horario: De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horas (do 25 de marzo ao 1 de abril, de 11.00h a 13.00h)
Comisariado: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO.
Cartaz: Alba Pardo Cartelle
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
27-2-2024. O papel fundacional das galegas no feminismo cubano [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]
![]() |
Martes 27 Febreiro de
19:30
–
21:00 |
venres, 23 de febreiro de 2024
26-2-2024. Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu cabodano [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]
![]() |
| Luns, 26 Febreiro de 19:30 – 21:00 |
Co gallo do cabodano de Álvaro Cunqueiro, o Ateneo Atlántico organiza esta actividade para lembrar a esta figura imprescindible das letras galegas. Xesús Alonso Montero falará sobre “O latín, como ‘divinas palabras‘, na obra de Cunqueiro”. O acto será presentado por Xina Vega e Su Garrido Pombo interpretará unha canción baseada nun poema de Cunqueiro.
Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 19 ao 23 de febreiro [OUTRAS NOVAS]
Exposición "O Mapa". Selección bibliográfica para a Artesanía do Coiro [BIBLIOTECA]
O luns 26 de marzo ás 19:00 inaugúrase unha nova exposición no Espazo EMAO, "O Mapa". Esta mostra representa a sexta edición da Bienal do Coiro que a EMAO organiza desde o ano 2013, consolidándose como referencia obrigada neste ámbito da artesanía. Aproveitamos a ocasión e levamos as vitrinas do corredor unha pequena selección bibliográfica dos moitos títulos que temos na Biblioteca relacionados coa artesanía do coiro.
Máis información:
martes, 20 de febreiro de 2024
22-2-2024. Concerto comentado de Isabel Rey Sanmartín "Sons da guitarra galega en Vigo" [OUTRAS NOVAS] [FORUM IEV]
Concerto comentado de Isabel Rey Sanmartín, intérprete e profesora do Conservatorio Profesional de Santiago e doutora pola USC. Presenta José Luis Mateo Álvarez.
Falamos de fotos: luces e sombras como recurso creativo [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]
As sesións estarán coordinadas por Jorge R. Seijo, Luís Otero, Rafael Ojea e Juan Oca.
Lugar: EMAO
Horario: das 11 h ás 13,30 h
Días 21 e 28 de febreiro e 6 de marzo
luns, 19 de febreiro de 2024
20-2-2024. Presentación do libro "Galicia, distrito industrial" de Antón Baamonde [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]
O mércores 20 de febreiro, ás 19.30 horas
Presentación do libro
Galicia, distrito indutrial (Galaxia, 2024). O autor, Antón Baamonde,
estará acompañado de Edelmiro Ulloa, Santiago Lago, Jesús González,
Bibiana Rodiño, Daniel Hermosilla e Xosé M. Soutullo.















































