Alumnado de Artesanía en Coiro |
Alumnado de Debuxo |
Alumnado de Moda e Confección |
Alumnado de Ourivería |
Alumnado de Pintura |
Alumnado de Cerámica Artística |
Diploma do ano 1900 |
A EMAO publicará, no Taboleiro e na web, o listado do alumnado seleccionado para o Nivel avanzado, facendo constar as iniciais do nome e apelidos do/ alumno/a, especialidade e denominación do proxecto.
Esta tarde na hemeroteca o economista e politólogo Manuel Blanco Desar presenta o seu libro Fraternidad Europea, nun acto no que intervirán, ademais do autor, a vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade da UVigo, María Isabel Doval, e o profesor da Facultade de Dirección e Xestión Pública, Celso Cancela.
A presentación insírese nas actividades da Cátedra Unesco Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade.
O grupo de Voluntariado Cultural do Concello de Vigo que onte fixo unha homenaxe ao escritor Domingo Villar cunha lectura das súas obras, na nosa hemeroteca.
Inaúgurase unha nova exposición no Espazo EMAO cos mellores traballos de aula do curso 2021-2022. Na que participan as especialidades de: CAIM Gaita, CAIM Zanfona, Cerámica, Coiro, Debuxo, Escultura, Moda, Ourivaría, Pintura e Serigrafía.
SEN TITULO:
A ausencia dun título nunha obra de
arte permite ao observador facerse unha imaxe mental e unha opinión
do significado da obra, sen corromper o que representa mediante unha
palabra ou palabras. A linguaxe multiplícase e o que podería ser
unha imaxe única, convértese nunha amálgama de percepcións libres
e sen contaminar.
Mostrar o proceso de traballo, os resultados que estamos a ter en cada aula, é o obxectivo desta exposición sen nome e non o ten porque está en proceso, sen concluír, en metamorfose, así é a cotiandade destes espazos de creación e aprendizaxe .
Ao ESPIDO:
Abrir as portas dos obradoiros da escola e ensinar ao público por onde estamos a camiñar, é un acto de despojamiento, de quedar en coiros, pero tamén de sinceridade, de trasparencia, sen ambaxes .
UBI EMAO IBI MOTUS
CRÉDITOS
Título: Sen Título
A Deputación da Coruña convoca o XVII Premio internacional de arte gráfico “Jesús Núñez”
A Orquesta Clásica de Vigo organiza os Laboratorios de Verán 2022, dirixidos a rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos.
Laboratorio
de Son (do 4 ao 15 de xullo): trátase dunha micro-residencia na que experimentar coa música e
o son a través de instrumentos insólitos e das novas tecnoloxías. Non é
preciso coñecemento de música. Prazas: 30. Lugar: Hemeroteca da EMAO.
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO 2º CERTAME EXERIA
Mércores 15 de xuño, 19 horas
Entrada aberta previa solicitude de invitación en ateneoatlantico@gmail.com
O certame, cunha dotación económica de 1000 euros e un bronce de Cuqui Piñeiro para o gañador, e de 500 euros para un accésit, foi convocado polo Ateneo Atlántico en colaboración coa fundación Xoán Piñeiro e co patrocinio de Bodegas Terras Gauda e Eduardo Vieira S.A.
Xa está ao dispor dos nosos usuarios/ as Transgresións cerámica contemporánea, o catálogo da exposición temporal sobre a nova colección de cerámica contemporánea do Museu do Disseny de Barcelona que complementa a xa existente, que na actualidade conta con máis dun milleiro de obxectos e duascentas trinta autorías diferentes. Cortesía do noso mestre de cerámica artística Miguel Vázquez que incorpora unha das súas obras á colección do Museo. Entre as novas incorporacións destacan tamén outros dous ceramista galegos: Xabier Toubes e Paula Ojea, ademais doutros autores como Madola, María Oriza, Anxo Garraza, Sophie Aguilera, Maria Bofill, Yukiko Kitahara e Roger Coll.
Miguel Vázquez. Sen título, 2009. Serie Víricos (Gres e metal) |
Tamén está a dispor dos nosos usuarios/as o catálogo da exposición temática "Transversalitats en cerámica contemporània" que tivo lugar no Museu del Càntir d'Argentona. En cuxa colección están algúns dos mellores autores do mundo no amplo panorama da cerámica contemporánea. A orixe desta colección está nas exposicións feitas desde 1994 durante a feira de cerámica e as obras que foron doadas ao Museo do Càntir durante o congreso da Academia Internacional de Cerámica celebrado en Barcelona en 2016. Na que tamén hai unha obra de Miguel Vázquez.