mércores, 19 de xaneiro de 2022

VIAXANDO CON YAYOI KUSAMA [TALLA E ESCULTURA]

Sen dúbida o 2020 foi o ano de Yayoi Kusama; Nova York, Londres, Berlín e Basilea foron as cidades elixidas para gozar da súa obra. Xardín Botánico de Nova York Tate de Londres Gropius Bau de Berlín Ludwig de Colonia Foundation Beyeter de Basilea
Unha das artistas máis mediáticas do século, alí onde se expón a súa obra miles de persoas visítana facendo inmersión no seu mundo onírico de volumes e cor. Estamos a falar dunha artista nada en 1929 que aos seus 92 anos cada día dedica sete horas ao traballo co seu equipo no seu estudo de Tokio producindo unha obra digna dun artista do século XXI , polo seu poder e difusión mediática, de feito moitos atribúen o seu éxito á gran repercusión que a súa obra ten nas redes sociais, nas que sobre todo en Instagram millóns de seguidores fanse “ selfies” diante dalgunha das súas obras, ademais a Gran industria de márketing que a artisa montou aproveitando a súa fama internacional Move millóns de euros, pero este é tema doutro debate no que non imos entrar agora, xa que Yayoi foi Warhol antes de Warhol e iso non o pode negar ninguén.

A gran aposta destas numerosas exposicións localizadas en distintos puntos do planeta foi a do xardín botánico de Nova York na que adaptou obra de recente creación aos espazos do xardín botánico, unha das súas últimas esculturas que se puido ver alí foi, Dancing Pumpkin, unha gran cabaza con tentáculos que nos convida a percorrer o xardín e descubrir os narcisos xigantes asomar dos estanques. 

  

Pero se en verdade queredes ter unha experiencia total coa obra de Yayoi Kusama non podedes deixar de facer inmersión nalgunha das súas instalacións - Infinity Mirrored Room- como a que se presenta na Tate de Londres ata Xuño deste ano “ Filled with the Brilliance of Life“ ca condición de que atopedes entrada!. Esta é unha dos seus máis espectaculares habitacións infinitas que xunto a Chandelier of Grief son as estrelas desta exposición Londiniense. Xunto coa exposición da Tate quédanos apuntar tamén para este ano a do Moco Museum de Amsterdam ata o 27 de febreiro. Desde logo todo un despregamento de opcións para gozar da obra desta artista cunha biografía peculiar da que falaremos noutra ocasión.

Ali Mitgutsch [DEBUXO]

O pasado luns 10 de xaneiro, faleceu un ilustrador que xa era en vida unha lenda da arte do libro infantil,  Ali Mitgutsch. Foi un dos pais do que en Alemaña coñécese como "wimmelbilder" traducido como "obxeto oculto".



Este ilustrador non é moi coñecido en España, é unha pena.  A editorial Juventud publicou a súa obra en español nos anos 70, pero posteriormente non atopo moitas outras editoras que o publicaran. Si  que aparece unha edición en catalán do 2006 " El meu gran llibre d´imatges" editado por CEGAL, pero pouco máis . 

Son libros sen palabras, polo que ainda que nos estean traducidos son universais, ideais para perderse nos detalles e establecer un xogo de busca de cousas, accións e personaxes. Son libros moi divertidos, estimulantes tanto para cativos como para maiores e moi recomendables a partir de 2 anos, xa que cada páxina é de cartón duro e resisten moito trote.  O meu fillo ten 10 anos e ainda o segue ollando e atopando novas accións tolas e divertidas. Se tedes a sorte de contar con algún exemplar dalgún libro de Mitgutsch gardadeo con cariño nun lugar especial da vosa biblioteca, ou regaládemo a min, son un verdadeiro admirador deste xénero.

xoves, 13 de xaneiro de 2022

Brilla Ourivaría na EMAO! [OUTRAS NOVAS]


Grazas a Fernando Franco pola referencia á exposición "Eduardo A. Blanco e a ourivería na EMAO" que fai na súa sección "Mira Vigo" 

A través das obras expostas de Eduardo A. Blanco queremos amosar o seu amplo traballo nas distintas disciplinas que cultiva e, con el, a excelencia e calidade acadada no labor docente pola Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, ofrecendo aos visitantes as múltiples formas, técnicas e materiais implicados nesta arte. 

Datas: 14 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2022
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisario: Federico Fernández
Documentación: José Luis Mateo Álvarez
Produción e montaxe: Eduardo A. Blanco e Escola Municipal de Artes e Oficios
Cartaz: Federico Fernández

luns, 10 de xaneiro de 2022

Venres da EMAO 14/01/2022. A inutilidade do ornamento e outros mitos modernos [ENCAIXE]

 


EXPOSICIÓN NA EMAO: EDUARDO A. BLANCO E A OURIVERÍA NA EMAO [OUTRAS NOVAS]

EXPOSICIÓN

EDUARDO A. BLANCO E A OURIVERÍA NA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

A xoiería ocupou un lugar importante no gran desenvolvemento que experimentou a cidade burguesa, especialmente a partir de derradeiro terzo do século XIX, cunha forte presencia de ourives e establecementos de xoiería que combinaban o taller e a venda de pezas, moi demandadas especialmente polo tirón da moda ao longo deste período. 

Primeiro foi a rúa Elduayen a que acaparou boa parte destas tendas especializadas, para logo estenderse rapidamente de xeito especial pola Porta do Sol e a rúa do Príncipe, como espazos comerciais de referencia na cidade. Destacaron daquela os talleres e establecementos de Enrique Pérez López e Adolfo Sobrino Rivero, a fins do século XIX; Enrique Mayer, Ángel Mareque, Ángel Marcuño, Perfecto Marcos, Ángel Iglesias, Ramón Fernández, os irmáns Hernández, na primeira metade do século XX, estes tres últimos aínda abertos hoxe.

75. HELEN FRANKENTHALER, CAMPO DE COR [PINTURA]

Helen Frankenthaler (Nova York, 1928 - Darien, Connecticut, 2011).
Pintora estadounidense cuxa obra desempeñou un papel determinante na evolución da pintura americana e europea da post-guerra.
Entre o expresionismo abstracto e a pintura de campo de cor, Helen Frankenthaler foi unha pioneira do movemento artístico chamado “Color-Field”.



"Un debe saber como aproveitarse dos accidentes, como recoñecelos, como controlalos, e debe atopar modos de eliminalos para que toda a superficie apareza como nada á mesma vez".
Helen Frankenthaler.

mércores, 5 de xaneiro de 2022

77.BELKIS AYÓN. Sociedade Secreta Abakuá. CAP 1 (PINTURA)


Belkis Ayón (A Habana, 1967-1999).
A primeira retrospectiva da artista cubana Belkis Ayón (A Habana, 1967-1999) en Europa reúne ao redor de 80 obras producidas entre 1986 e 1999, que profundan no curta pero intensa traxectoria da artista, e que inclúen unha selección de aproximadamente cincuenta colografías.

DATAS: 16 de novembro de 2021 – 18 de abril de 2022
LUGAR: Museo Reina Sofía (Madrid). Edificio Sabatini. 3a Planta.
ORGANIZACIÓN: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía en colaboración con Belkis Ayón Está.
COMISARIADO: Cristina Vives.
COORDINACIÓN: María do Castelo Cabeza.


martes, 4 de xaneiro de 2022

76. JOAN MITCHELL. A ABSTRACCION DA NATUREZA. [PINTURA]

Joan Mitchell (Chicago,USA,1925- Giverny, Francia 1992).

Foi unha das figuras principais da xeración do expresionismo abstracto americano.
A súa obra constitúo unha ponte creativa entre a pintura americana dos 50 e do informalismo europeo.



Formouse no Smith College e no Art Institute de Chicago.

Entrevista a Michiko Matsuda [COIRO]

Michiko Matsuda

 Galician Firts, English Below. 

Debido a un pequeno problema técnico publicamos hoxe unha pequena entrevista a Michiko Matsuda, gañadora do Al Stohlman Award do ano 2021, a nosa intención era rematar o ano publicando esta entrevista, pero nos foi moi dificil. Así pois Moito Coiro 2022!!!

- Canto tempo levas traballado o coiro?
Levo traballándoo máis de 40 anos.

- Como empezaches no coiro?
Encántame debuxar desde que era nena.
O meu soño da infancia era ser un deseñadora dalgún tipo. Mentres estudaba deseño de interiores na Musashino Art University, vin un pequeno coiro con incrustacións que foi elaborado nun cofre na "Exposición de mobles escandinavos". Era unha pequena duns 10 cm cadrados, non sei por que non podía apartar a vista dela e parecíame moi atractiva. 
Despois diso estudei o Artesania do coiro. Estaba hipnotizada pola artesanía en coiro. Nese momento estaba a piques de graduarme da universidade, así que decidín estudar artesanía en coiro mentres traballaba.