Antonio Palacios |
Xoves 26 de outubro ás 19:00 horas na hemeroteca
José Varela Alén, comisario da exposición sobre o arquitecto Antonio Palacios recentemente inaugurada en Madrid, centrará a personalidade do arquitecto a partir das súas obras de Balneario de Mondariz, coincidindo cos 150 anos da vila termal e a dous meses do 150 aniversario do nacemento do porriñés.
Varela Alén, ademais de penetrarnos na exposición sobre o arquitecto recentemente inaugurada no Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM). "Antonio Palacios. O rumor da historia, o ruído do tempo" que expón, entre outras pezas, os deseños e planos da construción da vila termal de Mondariz, así como a réplica da maqueta do Plan Palacios para Vigo elaborada polo alumnado do Instituto IES Politécnico de Vigo.
José Luis Varela Alén, arquitecto, director e actual profesor do IES Politécnico de Vigo falará da figura de Antonio Palacios na arquitectura moderna española na que o seu estilo segue sendo incómodo á hora de ser etiquetaxe polo que el considera unha “personalidade poliédrica a nivel creativo e de percepción artística e cultural intensa, na que seguen existindo lagoas dado o seu escaso e ás veces inexistente legado".
Antonio Palacios é o personaxe que continúa o ciclo de conferencias
“Balneario de Mondariz. A historia e os seus personaxes” que vén
desenvolvendo desde maio en Vigo con motivo da celebración do 150
aniversario de Balneario de Mondariz. Unha viaxe ao pasado o último
xoves de cada mes ata finais do 2023. Esta actividade xorde ante a
necesidade de dar a coñecer a historia deste establecemento fundado
polos Irmáns Peinador que naqueles anos foi o centro da vida social
española e achegar información veraz sobre algúns datos que se coñecen superficialmente, dando lugar moitas veces erros históricos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!