"Biblioteca básica para coiro"
Cando se comeza a traballar o coiro, guiados ou de forma autodidacta, unha boa bibliografía resulta de gran apoio. Nos tempos de vídeos e pdf ás veces é complicado atopar un referente fiable. O fondo bibliográfico da EMAO conta co material axeitado para a construción deste referente e ímolo demostrar.
Pepe Pereira, mestre da especialidade de Artesanía en coiro da EMAO desde o ano 2009, recomendaranos a bibliografía máis adecuada para esta especialidade.
Presentado por María Jesús Cuesta (bibliotecaria da EMAO)
Data: 27 de outubro de 2023
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!