martes, 24 de outubro de 2023

Día das Bibliotecas 2023 [BIBLIOTECA]

O cartel conmemorativo é da ilustradora Nuria Riaza
 

Hoxe martes 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. 

A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns. 

Unha biblioteca non é só un edificio cheo de libros: son corazóns palpitantes dentro das nosas comunidades, son espazos de encontro e diálogo. O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan todas as bibliotecas españolas, de todas as tipoloxías (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais), para conectar aos seus usuarios, crear redes de apoio e colaboración, fomentar a participación e o diálogo cidadán, facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación, independentemente da súa idade, xénero, raza ou lugar de residencia.

Imaxinamos as bibliotecas como uns teares onde se ganduxan relacións e coñecementos, onde se anuda o sentido de pertenza. "Tecendo Comunidades" salienta esta importante función social das bibliotecas. Elas dan forma á nosa comprensión colectiva, facilitan o intercambio de ideas diferentes e proporcionan un espazo seguro para o crecemento persoal e colectivo. Cada visita, cada lectura, cada conversación, achega o seu fío único a este tecido comunitario. A través destes intercambios e conexións, as nosas diferenzas e similitudes únense, mostrando a diversidade e riqueza das nosas comunidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!