luns, 30 de outubro de 2023

Venres da EMAO 3-11-2023. "Juan de la Colina. Aproximación a unha traxectoria" [PINTURA]


"Juan de la Colina. Aproximación a unha traxectoria"

Juan de la Colina (A Coruña 1958), doutor en Belas Artes, é un artista multidisciplinar con 40 anos de traxectoria. "Levo o pintor en todo o que fago", gústalle dicir a este creador de imaxes e director de cine, que ademais é teórico de arte, comisario de exposicións e docente. Nos últimos anos vén traballando en varias series, centradas no arquivo e a memoria. "Unha viaxe poética da vida e volta ao pasado que, sen renunciar á ida de beleza, preséntasenos como un cru achegamento a quen somos".


Presentado por Darío Basso (mestre de Pintura da EMAO)
Data: 03 de novembro de 2023
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo


Entrada libre ata completar aforo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!