luns, 25 de xaneiro de 2021

Día da Ilustración 2021 [BIBLIOTECA]

Cartel do ilustrador Manuel Cráneo

 

O Día da Ilustración deste ano 2021 celébrarase o vindeiro sábado 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Este ano estará dedicado por primeira vez a unha muller ilustradora, Lolita Díaz Baliño. 

A iniciativa, en marcha desde 2014, pretende "promover a obra dos ilustradores galegos de hoxe en día, así como reivindicar o traballo de profesionais clásicos, en moitas ocasións pioneiros", para o que se conmemora en cada edición a un ilustrador histórico galego. A homenaxeada este ano é a ilustradora, pintora e docente, Lolita Díaz Baliño, tía do intelectual galego Isaac Díaz Pardo. Unha artista pioneira que foi unha das primeiras mulleres en ingresar na Real Academia Galega de Belas Artes, en 1938.

 Para entender o traballo da ilustradora, e co obxectivo de dar a coñecer a ilustradores galegos actuais, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (Agpi) pediulle a catro artistas galegas, Lida Cao, Nuria Figueiredo, Iria Ribadomar e Laura Romero, que "ilustren" aqueles aspectos "que fosen inspiradores para elas" de Díaz Baliño. Estes traballos, así como os catro vídeos que documentan o proceso de creación destas ilustracións, pódense ver na páxina web oficial do Día da Ilustración 2021. Tamén está dispoñible un vídeo explicativo sobre a obra da homenaxeada desta edición, o programa completo coas actividades que se celebrarán ao longo desta semana e o cartel conmemorativo.

Será na rede de bibliotecas públicas e nas escolas de belas artes onde se desenvolvan gran parte das actividades do Día dá Ilustración, algunhas das cales se poderán seguir a través da páxina web oficial. Entre elas, a exposición na Biblioteca de Galicia "Lolita Díaz Baliño. A discreción imposta dunha grande artista", que se inaugurará o 30 de xaneiro e na que se poderán ver parte dos fondos propios da biblioteca, así como outros cedidos temporalmente pola fundación Isaac Díaz Pardo.

sábado, 23 de xaneiro de 2021

60. Yves Klein ¿que ten medo ao lume? Cap: 2 [PINTURA]

Seguindo o fío da obra de Leopoldo Novoa, hoxe falaremos de Yves Klein (Niza 1928 - París 1962), fundador do movemento Novo Realismo (con matices neoadianos), que consegue coa desmaterialización da arte (traballando co etéreo e o baleiro, grazas ao seu profundo coñecemento da filosofía zen), para derreter os límites entre a vida e a arte.

O texto de hoxe, está escrito polo magnífico crítico de arte Pierre Restany, amigo e profundo coñecedor da obra do artista que...¡SALTOU AO BALEIRO!.

venres, 22 de xaneiro de 2021

O antigo cárcere [DEBUXO]

Un dos exercicios que estamos a realizar no abraoiro de Debuxo e que nos vai servir como preparación e entrenamento da man e do ollo, para que posteriormente, cando teñamos mellor tempo,  sair a rúa a debuxar in situ, é o seguinte:

Realizar o alzado de fachadas de edificios emblemáticos de Vigo a partir de fotografías históricas e planos dos alzados que se proxectaran no seu momento. A Biblioteca da EMAO conta con unha chea de libros que documentan o Vigo histórico, tanto o que se perdeu como o que permanece. Eses libros son uns documentos maravillosos que nos permiten a través das súas imaxes realizar esta tarefa.

Estamos exercitando o trazo e a proporción, collendo esas imaxes, estudandoas, coñecendo a arquitectura do Vigo histórico, dos arquitectos que o representan e o seu legado. Un deses edificios cos que estivemos a traballar é o actual MARCO, onde se situaba o antigo cárcere.


venres, 15 de xaneiro de 2021

59. Leopoldo Novoa. Quen ten medo ao lume? Cap: 1. [PINTURA]

Con motivo do recente centenario do nacemento do artista Leopoldo Nóvoa, o Museo de Pontevedra dedícalle unha extraordinaria e extensa exposición, na que cómpre destacar o alto nivel comisarial da exposición, comisariada por Rosario Sarmiento, feita con agarimo. , profesionalidade e coñecemento exquisito. Contén máis de cincuenta obras que recollen os diferentes momentos da súa carreira creativa: Leopoldo Nóvoa, 1919-2019.

Engadiremos a esta exposición unha serie de capítulos onde relacionamos a obra de Leopoldo con outros grandes artistas contemporáneos, que traballaron na mesma dirección.



mércores, 13 de xaneiro de 2021

I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado [OUTRAS NOVAS]



O Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia,convoca I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. Poderán optar ao premio todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto, concedéndoselles similar importancia.

Poderán concorrer ao premio tanto unha soa persoa autora da parte textual e da gráfica coma dúas ou máis persoas coautoras da parte textual e/ou gráfica.

As obras serán presentadas co texto en lingua galega, seguindo a normativa oficial establecida pola RAG/ILG.

O prazo de admisión de orixinais rematará o 25 de febreiro. 

Máis información aquí

luns, 11 de xaneiro de 2021

Xa temos Kartoffel [DEBUXO]

 O pasado ano por estas datas presentamos na EMAO o proxecto de crowdfunding dos irmáns Trigo realizado a través da plataforma de Verkami. Tratábase de Kartoffell, unha historia narrada en formato de novela gráfica, segunda parte daquela que no 2015 levara o premio Castelao pola Deputación da Coruña e que fora editada pola mesma. Entonces o título era Lobada. As dúas historias parten na seguinte pregunta.. ¿Qué pasaba no Vigo dos anos 40, en plena  Segunda Guerra Mundial, cando o porto era base dos submarinos alemáns?. Como dous detectives, os autores, comenzan a atar cabos e a montar un puzzle  logo de 75 anos que se materializa nesta historia.

O proxecto de Xosé e Ramón saiu adiante grazas a colaboración de moita xente que admiramos o traballo destes dous irmáns, e o libro xa ten formato físico desde o mes de decembro. A idea era presentar novamente este traballo na EMAO, pero os protocolos covid19 complican este tipo de presentacións polo que o deixaremos para máis adiante. Polo pronto Ramón montou no Nadal unha pequena exposición no Espazo A Madriña que é onde se poden recoller os exemplares dos colaboradores do proxecto. Para os que non colaboraron no crowdfunding, o libro pódese mercar en varias librerías de Vigo, como Versus, Librouro, Norma Cómics e Banda Deseñada.



venres, 8 de xaneiro de 2021

Se non o entendes, fágoche un plano. [CAIM ZANFONA]

"Longitud de onda" é un programa da radio clásica de RTVE no cal abordan moitos dos aspectos musicais explicados dende unha perspectiva científica.

Aquí vos deixo o enlace para escoitar este interesantísimo programa adicado, desta volta. á xeometría dos instrumentos musicais.

https://www.rtve.es/alacarta/audios/longitud-de-onda/geometria-musica-07-01-21/5754162/

mércores, 23 de decembro de 2020

Que bonito é Panamá [DEBUXO]

 Un dos países que máis teño visitado na miña vida é Alemaña. Panamá non o coñezo pero un autor alemán, escritor e ilustrador, é no que penso cando escoito algo sobre Panamá. Esto me acontece porque sempre recordo o libro "Que bonito é Panamá". O seu autor  Horst Eckert, coñecido como Janosch, é un dos autores que máis admiro polas súas aristas como ilustrador.

Un dos feitos que me causaron boa impresión a primeira vez que fun a  Alemaña no ano 97 foi a calidade e cantidade  de librerías infantís que había. Viaxara a documenta de Kassell a empaparme de arte "con maiúsculas", pero paseando polas rúas de Frankfurt, unha das mecas lo libro, e por Münster... enchinme tamén daquelas maravillosas librerías...que resultaron ser portadoras de "arte con maiúsculas".  Pensemos que o berce da ilustración e do libro atópase en Alemaña, concretamente en Nuremberg e manteñen unha tradición de moito arraigo co libro ilustrado. 

Alí descubrín este precioso libro infantil e ao seu autor. Naquel momento ainda non sabía a importancia que tería a ilustración infantil na miña vida.



 

venres, 18 de decembro de 2020

Entre bastidores. Sofia Venzel [SERIGRAFÍA]

Esta mañá Sofia Venzel, alumna de serigrafía, compartiu connosco a súa experiencia como investigadora na Biblioteca Internacional da xuventude de Munich. Trátase da biblioteca máis grande do mundo especializada en literatuta infantil e xuvenil e está situada no castelo de Blutenburg.

 

luns, 14 de decembro de 2020

58. Mondrian e De Stijl. Desenvolvemento/Resultado. Cap: III [PINTURA]

Mondrian and De Stijl é unha extraordinaria exposición organizada polo Museo Reina Sofía e o Stichting Kunstmuseum den Haag que aborda a obra do artista holandés Piet Mondrian, no contexto de De Stijl.

1-Piet Mondrian (1872, Amersfoort - 1944, Nova York) estableceu o rumbo da arte abstracta xeométrica dos Países Baixos e provocou un cambio drástico na cultura visual despois da Primeira Guerra Mundial.

A concepción da beleza de Mondrian, baseada na superficie, a estrutura e a composición da cor e as liñas, conformou un estilo novidoso e innovador que pretendía romper as fronteiras entre disciplinas e superar os límites tradicionais do espazo pictórico.

2-De Stijl (O Estilo): a revista homónima creada polo pintor e crítico Theo van Doesburg foi a plataforma para difundir as ideas deste novo plástico e superar o provincialismo tradicional holandés.

O primeiro número saíu en 1917 e, ata 1931, a publicación ofrecía información sobre o desenvolvemento da arte abstracta a nivel internacional.

Piet Mondrian, que naceu quince anos antes que o resto dos membros de De Stijl, foi o patriarca deste movemento.

Hoxe falaremos das vicisitudes experimentadas e do patrimonio que temos.

sábado, 12 de decembro de 2020

Fotografía para retrato [DEBUXO]

Este curso, como no obradoiro estamos a traballar moitos dos motivos a partir de láminas, deixo unha galería que vos pode interesar aos grupos Superiores para facer prácticas de retrato na casa. Sempre insisto que para relizar un bo debuxo de retrato a partir dunha fotografía esta debe ter unha calidade impecable. Non está dentro do espíritu do obradoiro utilizar a fotografía como paso entre a realidade e o debuxante pero como práctica para iniciarnos penso que é un recurso moi axeitado. 

Neste caso as fotografías escollidas son do gran fotógrafo/ retratista do século XX Richard Avedon. Son fotografías de estudo que captan maravillosamente a personalidade do personaxe retratado. Todos eles forman parte da historia recente de EEUU, vinculados ao poder, ben porque o ostentan ou ben porque son opositores ou activistas. Están extraidas do catálogo "Portraits of Power".


mércores, 9 de decembro de 2020

Novas Adquisicións para o Fondo Moderno [BIBLIOTECA]

Biblioteca García Barbón- EMAO

 

Tras a ponte da Constitución retomamos o traballo con boas novas, hoxe recibimos unha variada selección de títulos que pronto estarán á vosa disposición nos andeis. A temática variada: cerámica, xoiería, debuxo, coiro, serigrafía, pintura, escultura... etc. Sempre co propósito de converter a nosa biblioteca nun lugar de referencia para a arte, a artesanía e os oficios tradicionais.

57. Mondrian y De Stilj. Busca/Encontro, Cap. II [PINTURA]

Mondrian and De Stijl é unha extraordinaria exposición organizada polo Museo Reina Sofía e o Stichting Kunstmuseum den Haag que aborda a obra do artista holandés Piet Mondrian, no contexto de De Stijl.

1-Piet Mondrian (1872, Amersfoort - 1944, Nova York) estableceu o rumbo da arte abstracta xeométrica dos Países Baixos e provocou un cambio drástico na cultura visual despois da Primeira Guerra Mundial.

A concepción da beleza de Mondrian, baseada na superficie, a estrutura e a composición da cor e as liñas, conformou un estilo novidoso e innovador que pretendía romper as fronteiras entre disciplinas e superar os límites tradicionais do espazo pictórico.

2-De Stijl (O Estilo): a revista homónima creada polo pintor e crítico Theo van Doesburg foi a plataforma para difundir as ideas deste novo plástico e superar o provincialismo tradicional holandés.

O primeiro número saíu en 1917 e, ata 1931, a publicación ofrecía información sobre o desenvolvemento da arte abstracta a nivel internacional.

Piet Mondrian, que naceu quince anos antes que o resto dos membros de De Stijl, foi o patriarca deste movemento.

Hoxe falaremos de como e por que naceu un fito na historia da humanidade.

luns, 7 de decembro de 2020

Adeus, Toño do Val. Cesteiro e investigador

Toño co autor deste artigo e o daquela concelleiro
de Patrimonio histórico, Xosé Carlos Arias
"Se alguén merca un cesto, está mercando o traballo dun artesán e parte da historia dunha zona".
Toño González, Toño do Val.

Chéganos con tristura a morte de Toño Do Val, Toño Cesteiro o pasado xoves.  Abondaría co precioso obituario escrito polo seu amigo e biógrafo Plácido Romero, pero as lembranzas e o recoñecemento queren que eu tamén escriba estas liñas.

Toño non só era un artesano excepcional, senon tamén un investigador, conservador e divulgador de primeira orde. Foi, ademais, unha persoa fondamente coherente entre o seu pensar e o seu intenso vivir, intelixente, culta, convincente, admirable.

Tiven o privilexio de traballar con el, xunta a Antonio Suárez e Montse Rial, nos anos que pasou en Vigo, como mestre e experto en cestería tradicional na infelizmente desaparecida Casa do Cesteiro, dentro das iniciativas de formación e rexeneración cultural e económica do Casco Vello do programa europeo URBAN

Nasas de río realizadas por Toño
A súa lucidez e coñecemento fondo e vívido da nosa cultura tradicional era extraordinaria. Tiña claro, e transmitía coa mesma intensidade e advertencia, que sen unha metodoloxía de investigación en contacto cos derradeiros artesanos do oficio aínda vivos daquela, sería imposible rescatar as técnicas e perderíase para sempre a posibilidade de coñecer e reproducir as pezas da que constitúe, penso, a cestería tradicional máis rica, variada e aínda mellor conservada do mundo. E con esa perda, perdemos un inorme legado etnográfico dunha artesanía ancestral cuxos productos acompañaron e serviron ao ser humano dende os seus inicios como especie. 

Investigou daquela, con paixón e excelencia, xunta con Montse Rial dende a Casa do Cesteiro viguesa, a cestería vencellada co mar en Galicia e documentou con precisión a construción de nasas, patelas, esportas ou traíñas das nosas rías. Cestos que formaron parte inseparable do traballo, almacenamento e transporte de peixe durante séculos ata o último tercio do século XX. Aquel traballo deixounos o documental "Cestos do mar", publicado pola editorial Monesma, co Museo do Mar, Deputación e Patrimonio Histórico do Concello de Vigo en 2005.

A Nosa Terra 949. ano 2000

Con Toño vaise un grandísimo coñecemento, non só teórico, senon tamén práctico, referencial e vivido radicalmente da nosa etnografía, dos xeitos de vida do noso esquecido e valioso mundo rural.

Adeus, Toño, mestre; que a Terra  que tanto amaches te acolla co mesmo agarimo que ti lle deches.

[Déixovos o imprescindible documental realizado por Plácido Romero sobre a vida e pensamento de José Antonio González, Toño do Val, como el quixo, aqueladamente, chamarse]

martes, 1 de decembro de 2020

Propiedade intelectual [DEBUXO]

IBAÑEZ

O gran Ibáñez, que non necesita presentación, deixou a editorial Bruguera no ano 1985. Bruguera presentara suspensión de pagos no ano 1982 e no 1986 bota o peche, ou mellor dito,se tranforma en Ediciones B do grupo Z. Ibáñez levaba na editorial desde o ano 1957. No 1958 creara os seus míticos e incombustibles personaxes, Mordadelo e Filemón. 


Bosquexos de Mortadelo. 1957

Estes representaron a BD máis rentable da editorial. Ibañez foi un traballor incansable que chegou a entregar a editora 20 páxinas semanais de historietas, un autentico despropósito pensando que Ibañez ademáis é  guionista e debuxante das súas historietas.

Cando Ibáñez decide deixar Bruguera atópase con que o dereito intelectual dos personaxes corresponde a Bruguera. Ibañez non ten dereito a continuar debuxando a Mortadelo e Filemón se non é para Bruguera. Así estaban as cousas.