xoves, 18 de febreiro de 2021

64. Leopoldo Novoa. ¿Quen ten medo do branco? Cap: 6. [PINTURA]

Branco monocromo:
As pinturas en relevo branco de Novoa dos anos 70 traballan coas sombras producidas polo impacto da luz na súa superficie.



O branco é a cor acromática máis clara (non ten tonalidade), xa que reflicte e dispersa completamente todas as lonxitudes de onda visibles da luz.




O branco foi unha das primeiras cores empregadas na arte.



A cova de Lascaux en Francia contén debuxos de touros e outros animais debuxados por artistas paleolíticos hai entre 18.000 e 17.000 anos.


Os artistas do paleolítico empregaban calcita ou tiza; ás veces como fondo, ás veces como punto culminante, xunto con carbón vexetal e ocre vermello e amarelo nas súas vivas pinturas rupestres.

Detalle.
                                                                              Detalle.

Os antigos romanos tiñan dúas palabras para o branco; albus, un branco claro, (a fonte da palabra albino); e candidus, un branco máis brillante.

Detalle.

A palabra latina candere significa brillar, ser brillante.

                                                                                Detalle.

Foi a orixe das palabras candea e candido.


Malevich inaugurou en 1915, cun cadrado branco sobre fondo branco, o nova arte, que pretende facer una pintura máis pensada que vista.

Malevich. "Cadrado branco sobor fondo branco",1918. 


Un cadro seu non é unha superficie, senón un ambiente.


Preferiu que os artistas e o público estivesen cegos para atender á vida invisible, para ver o real só na emoción.

4 comentarios:

  1. Muy bonito trabajo, con un buen abarqie de temas diferentes. Bravo

    ResponderEliminar
  2. Volví a releerlo. Realmente, muy pedagógico. Gracias

    ResponderEliminar
  3. MOITAS GRAZAS, ESPERO QUE VOS SIRVA NO VOSO TRABALLO

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!