martes, 2 de febreiro de 2021

O doble anelado. Copa do ronco. [CAIM GAITA]

 

Cada vez máis, os músicos buscan un instrumento que, ademáis de ser profesionais, cun son e afinación o máis perfecto posible, posúan unha estética personalizada, incluso nalgúns casos ostentosa. Isto fai que o artesán busque novas propostas, tamén no que ó deseño estético se refire. As opcións son infinitas, só limitadas pola creatividade, tanto de constructor, coma do músico/cliente.

Unha das opcións máis empregadas agora mesmo é o doble (ou triple) anelado. Imos ver como podemos facer unha das multiples variedades de doble anelado en metacrilato e aceiro inox, nunha copa de ronco de granadillo.
 
Antes de empezar a preparar as anelas necesarias de metacrilato, deberemos ter en conta o vaciado interior da copa, que será o que nos marque os límites do diámetro interior das mesmas.


Comenzamos colocando a anela mais grande de metacrilato, esta será a se vexa de xeito lateral, tal e como está na foto.


vista de cabeza

vista lateral


Agora facemos o encaixe e pegamos a anela pequena de metacrilato. Esta será a que vexamos só como un círculo concentrico na cabeza.
 


 
De seguido facemos o encaixe e pegamos a anela grande de granadillo, sobre esta irá posteriormente a anela de aceiro inox. e aproveitamos tamén para axustar e encolar o tapón de metacrilato.
 


 
 
Por último só nos queda axustar e repuxar a anela de aceiro inox. Deste xeito temos o doble anelado completo, a falta de xunguir a copa coa terceira, tornear e pulir toda a peza.  

 

 
 
Deixovos aqui un par de fotos dunha gaita con outro tipo de doble anelado, neste caso granadillo e prata sobre buxo.
 
 
 




2 comentarios:

  1. Moi interesante. Para a próxima gaita teremos que probar a facer doble anelado.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!