Quebracho branco
(aspidosperma quebracho-blanco)
|
Aqui falamos do quebracho branco, aínda que existen outras variedades, como o quebracho colorado, un pouco máis duro e con gran concentración de taninos, o que fai que se utilize na curtiduría vexetal do coiro.
O quebracho branco (aspidosperma quebracho-blanco), tamén coñecido como quebracho chorón, pertence á familia das apocináceas, unha familia de árbores grandes, que na súa maioría habitan en zonas tropicais e subtropicais, e son amplamente utilizados na industria farmacéutica.
Tamén pode crecer en rexións máis templadas, e é por este motivo que o podemos atopar formando parte da flora autóctona do Uruguai.
Detalle da folla |
Características
Esta árbore é facilmente identificable porque ten un tronco recto e a súa copa está moi separada do chan. O tronco mide entre doce e quince metros de altura e pode chegar a alcanzar un metro de diámetro. A cortiza é bastante rugosa e presenta unha cor entre castaña e ocre. A madeira é dunha cor amarelo-rosácea e con pouco veteado.
Esta árbore é facilmente identificable porque ten un tronco recto e a súa copa está moi separada do chan. O tronco mide entre doce e quince metros de altura e pode chegar a alcanzar un metro de diámetro. A cortiza é bastante rugosa e presenta unha cor entre castaña e ocre. A madeira é dunha cor amarelo-rosácea e con pouco veteado.
Tamén as súas follas teñen unha característica particular, dende a punta destas medran espiñas de case un centímetro de longo, que son tan fortes que poden atravesar a carne coma unha agulla. É de folla perenne, é dicir, non perde a follaxe durante o inverno.
Corte da árbore onde se aprecia a diferenza entre o sámago e o cerne |
A madeira do quebracho blanco presenta un veteado pouco marcado, é pesada, resistente e dura, mais tamén é agradecida para traballar e puír.
Pito en SOL madeira de quebracho branco |
No que se refire ás súas propiedades medicinais, a cortiza, pólas e raíces do quebracho branco teñen funcións antioxidantes, utilízanse popularmente para combater a tose, a febre, a bronquite e a asma.
Na época das misións xesuíticas en América, cocíase a cortiza para empregala contra a febre causada pola malaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!