Wendy Ramshaw
foi unha das maiores deseñadoras e creadoras de xoias da Gran Bretaña,
nada en 1936, faleceu no ano 2012,
pero desde finais dos anos 60 comezou a ser un referente,
formando xa parte da historia da ourivaría.
Pendentes ouro e ametistas de Wendy Ramshaw, 1994 |
Wendy estudou Ilustración e Deseño de tecidos no Newcastle-upon-Tyne College of Art and Industrial Design, continuou os seus estudios na Universidade de Reading, onde coñeceu en 1961 ao seu compañeiro para toda a vida, David Watkins, tamén deseñador, xoieiro e escultor.
Wendy, xunto ao seu marido, impulsou a xoiaría efémera dos anos 60, moi influídos pola abstracción e o pop-art. Nesta época Wendy sacará unha liña de xoias de papel e acrílico, que se vendían nun kit cuns padróns determinados que se cortaban e ensamblaban para crear os pendentes e aneis. Estes conxuntos de vivas cores foron unha revolución, e a deseñadora de roupa Mary Quant vendíaos nas súas boutiques.
Colección Something Special de Wendy Ramshaw |
Colección que está no V&A Museum |
Pendentes de papel de Wendy Ramshaw |
Outras pezas con moitísimo éxito foron os seus aneis agrupabeis. Comezou con eles a finais dos 60 pero realizounos ao longo de toda a súa carreira, sempre nunha constante evolución.
Son aneis de ouro e pedras engastadas en bisel, cada un ten unha forma propia, pódese pór un ou varios e na disposición que se queira, as súas sinxelas formas permiten que se acoplen uns aos outros formando un todo, son belas composicións de formas e cores, un deseño que se pode dicir que é moi actual e contemporáneo pero que Wendy desenvolveu no século pasado.
Pero o éxito non foron só os aneis senón tamén a forma de presentalos,
pois cada conxunto destes "pilar rings", cando non se usan, se agrupan nun soporte con forma de columna, transformando o conxunto nunha escultura, demostrando que todo importa e proporcionando máis valor ás pezas.
pois cada conxunto destes "pilar rings", cando non se usan, se agrupan nun soporte con forma de columna, transformando o conxunto nunha escultura, demostrando que todo importa e proporcionando máis valor ás pezas.
No ano 1972 Ramshaw gañou o Premio do Consello de Deseño á Innovación con estes produtos.
Cada soporte está deseñado particularmente para ese grupo de aneis, formado por dúas partes que encaixan deixando os aneis suxeitos nesa columna.
As primeiras coleccións de aneis estaban inspiradas no construtivismo e na era espacial, e tamén nos desenvolvementos urbanos. Outras coleccións céntranse nas formas ondulantes e na beleza das pedras.
Ademais do metal, o papel e os plásticos, tamén traballou con esmaltes, cerámica e vidro,
as súas formas mantivéronse en todalas súas obras, pendentes, colares, broches, adornos de cabelo ou tamén nos deseños para elementos arquitectónicos.
Colares |
Pendentes |
Broches de agulla |
Broche de dobre agulla |
Pezas con metal e vidro |
Wendy Ramshaw sempre foi e será unha fonte de inspiración para moitos artistas,
as súas formas sinxelas e dinámicas e a súa orixinalidade e innovación forman parte da historia deste oficio.
Nestes enlaces podedes acceder a dúas entrevistas,
neles tedes acceso a varios vídeos
e a moitas das súas obras.
Espero que vos guste e vos inspire ;D
Me gustó mucho el artículo. Felicidades Sandra!
ResponderEliminarMe alegro que os parezca interesante, muchas gracias ;D
Eliminar