Oteiza e a súa achega á escultura
o espazo baleiro
Caixa metafísica por conxunción de triedros |
Se a escultura se expuxo ao longo da historia como un sólido que ocupa un espazo, para Oteiza é un espazo desocupado que perdeu a masa, o aire.
Desocupación da esfera, 1957. Fundación Museo Jorge Oteiza |
Construción con tres cuboides baleiros ou circulación en oblicuo con tres baleiros Malevich |
Nos seus textos Oteiza fala do baleiro como parte fundamental da forma, o baleiro é o que organiza e transforma o espazo. A este baleiro dálle un carácter espiritual, e en moitos dos seus escritos explica ese sentido espiritual, fai mención ás construcións megalíticas, os Cromlech e os Templo Gregos, como espazos que encerran o baleiro, círculo baleiro-cadrado baleiro; pero é o baleiro como dicía o escultor "un micro espazo cósmico illado da natureza", é dotar ao espazo dun valor espiritual. Ese espazo desocupado pola materia, sempre facendo referencia ás culturas ancestrais, en particular os huts, (baleiros na tradición vasca) que ten un sentido espiritual, o elemento ausente magnificado. Dende a súa infancia en Orio, refuxiábase nos buracos da praia, como o útero materno, ese primeiro lugar de protección, como defendeu outro gran escultor do s. XX, Henrry Moore. Os huts illábano do mundo e outorgábanlle unha visión diferente do ceo, enmarcando o espazo, o ceo observábao como un espello dese baleiro protector. Xa a principios do século XX Rodin comeza a pensar no oco como parte importante da obra, na escultura "a Catedral", 1908, dúas mans entrelázanse sen tocarse dando relevancia ao oco que entre elas se xera, como un lugar de encontro, é un símbolo que te achega á divindade.
A Catedral, Rodín 1908 |
Branco sobre branco, Malevich 1918 |
Malevich, o pintor suprematista ruso, foi unha influencia clave na obra de Oteiza. Cadrado branco sobre fondo branco é a expresión do baleiro na pintura. Para el este cadro era un obxecto máxico, un instrumento para comunicarse co universo. O baleiro non é ausencia, senón unha produción de sentidos, un espazo espiritual de plenitude. Oteiza traslada o baleiro da pintura de Malevich á escultura que o relaciona coa mística.
Por tanto en Oteiza a materia é a desocupación do espazo, non o baleiro, o aire ocupa ese espazo desocupado.
Estudos de pequenas esculturas |
"O punto de partida é unha caixa convencional, un volume cuadrangular pechado, eu imaxínome a primeira vez que Oteiza secciona e abre o seu interior cun bisturí e descobre a dimensión oculta do volume, a súa cara oca. Imaxínome como Oteiza advirte a súa lóxica interna e o sentido dos seus ángulos que permiten pechala. Vexo como explora a estrutura íntima dunha caixa de cartón e como un neno empeza a manipulala, a descompoñela... Pero, claro, a materia coa que traballa Oteiza é o aire, o reverso do volume". Jaume Vidal Oliveras
Neste vídeo que vos deixo, Oteiza reflexiona sobre o Baleiro
Enlaces Web e bibliografía:
Oteiza mito y modernidad, catálogo museo Guggenheim Bilbao, bilbao 2004
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!