Neste vídeo documental da Biblioteca Nacional podedes ver a historia da reprodución artesanal da imaxe nos libros e os seus aspectos sociais e científicos amosando a evolución da estampa dende as súas distintas funcións antes de ser entendida como arte. Comeza dende o Fascículus Temporum (1480), o primeiro libro publicado no noso país, ata a actualidade.
Como complemento tamén tedes os post da biblioteca da emao sobre o invento e difusión da imprenta, as orixes da imprenta en España ou a evolución do libro no século XV.
Principalmente enfocado ao grupo de Básico como complemento ao que vimos nas clases de historia e como recordatorio do exercicio práctico de creación do libriño entre tod@s coa temática do espazo. Xa sabedes que podedes mandar as propostas, imaxes, dúbidas etc. ao mail serigrafiaemao@gmail.com ou aos grupos de traballo de whatsapp.
Saúde e ánimo!
A Biblioteca Nacional é unha maravilla
ResponderEliminarEstou de acordo. Fantástica!!!
Eliminar