En 1462 comezan en Maguncia as loitas políticas, en outubro dese ano o elector-arcebispo Adolfo II de Nassau toma a cidade a sangue e lume. Gran parte dela é destruída. Moitos artesáns da imprenta tiveron que saír da cidade, iníciase así o éxodo dos tipógrafos ambulantes que en só dez anos levaron a imprenta por toda Europa, dando a coñecer un invento que durante uns vinte anos fora un secreto celosamente gardado por algúns maguntinos. O primeiro lugar que conta con imprenta fóra de Alemaña é o mosteiro de Subiaco, en Italia. A segunda cidade é Cracovia (Polonia), en 1468 instálase a primeira imprenta en Basilea (Suíza) e en 1470 instálase en Viena e en París.
Durante a segunda metade do século XV, as bibliotecas das universidades e as dos humanistas españois abastecéronse de libros «de molde»
procedentes de Italia ou de Alemaña xunto aos libros «de man», tal e
como recollen os seus inventarios, feito que evidencia o coñecemento dos
libros impresos antes da introdución da imprenta no reino.
Son escasas as noticias sobre a introdución e expansión da imprenta en España, non se coñece con precisión a data exacta nin o lugar onde se instalou o primeiro taller de impresión, debido principalmente aos poucos documentos achados nos arquivos históricos sobre os primeiros impresores e os seus contratos de obra, así como pola falta de colofóns explícitos nos primeiros libros.

Podemos afirmar que a chegada a España foi tardía, na década dos
setenta, probablemente pola situación periférica da península. Os introductores
dela foron mestres alemáns, o camiño de introdución foi Italia, segundo
mostran os tipos utilizados nos primeiros impresos. Moitos destes
primeiros impresores foron ambulantes, e instalábanse onde había maiores
probabilidades de atopar traballo, creando sociedades ou asinando
contratos por varios anos. Debido aos poucos utensilios e caracteres
necesarios para esta profesión, trasladábanse dunha cidade a outra con
relativa facilidade, como claramente despréndese da data dos libros
impresos por un mesmo impresor durante un breve período en localidades
diferentes.
Sinodal de Aguilafuente |
Parece que a primeira obra realizada en España é do impresor alemán Johann Parix, natural de Heidelberg, quen en 1472 instálase en Segovia, onde imprime o primeiro libro español, a Sinodal de Aguilafuente en tipos romános.Tratábase dunha imprenta móbil, algo moi común en todos aqueles que saíron de Maguncia pola guerra. Anteriormente creuse que a Gramática de Bartolomé Mates, impresa en Barcelona por Gherlinc en 1468 fora o primeiro libro impreso en España, parece que esa data é errónea, a data real é probablemente 1488.
Les Trobes en Lahors da Verge María. 1474 |
Juan de Salzburgo e Pablo Hurus trasladáronse en 1475 a Barcelona, en 1476 Pablo Hurus asóciase con Enrique Botel en Zaragoza. A Hurus atribúenselle as obras El Laberinto de la fortuna, Las Epístolas de Séneca e Coplas de Juan de Mena, e La Crónica de Aragón de Vasad.
Entre 1476 e 1478 Botel forma sociedade con Hurus e Johann Planck. Entre 1479 e 1495 Botel imprime tamén en Lleida.
Johann Rosenbach, natural de Heidelberg, foi un dos tipógrafos ambulantes máis soados da última década do século XV. Traballou en Valencia e logo en Barcelona, os seus libros ilustrados distínguense polo seu bo gusto.

O primeiro testemuño da imprenta en Sevilla é a impresión da Bula de
Guinea, cuxa datación máis xeneralizada é o ano 1473 . Nos anos 70 do
século XV traballaron na cidade Diego Sánchez de Cantalapiedra e Alonso de Porras, tamén instalados en Salamanca. No que respecta a obras completas, a primeira que viu a luz foi en 1477,
ano en que Antonio Martínez, Alfonso del Puerto e Bartolomeu Segura
imprimen Repertorium.
En Salamanca houbo polo menos dúas imprentas desde a década de 1480, á calor da súa importante universidade, e alí publicou algunhas das súas obras máis relevantes Antonio de Nebrija.
Antonio de Nebrija |
En Salamanca houbo polo menos dúas imprentas desde a década de 1480, á calor da súa importante universidade, e alí publicou algunhas das súas obras máis relevantes Antonio de Nebrija.
A primeira noticia do establecemento da imprenta en Burgos data de 1483,
aínda que non se conservan máis noticias sobre os primeiros traballos, e
houbo de esperar ata 1492, coa imprenta de Fadrique de Basilea ao que se lle atribúe tamén a primeira edición en 1499 da Celestina de Fernando de Rojas.
A primeira imprenta en Baleares foi instalada na localidade de Valldemosa por Nicolás Calafat e Bartolomé Caldentey en 1485.
A imprenta chega ao Reino de Navarra da man do francés Arnao Guillén de Brocar, que en 1490 instala o seu taller en Pamplona, aquí traballa durante once anos; deste período coñécense 28 impresos.
O interese de Galicia pola imprenta remóntase ata o ano 1483, cando o cabido compostelán contrata a dous impresores burgaleses: Juan de Bobadilla e Álvaro de Castro para realizar a impresión do Breviario Compostelán. Pero isto xa é outra historia que deixaremos para outra entrada no blogue.
Ao finalizar o século XV había en España máis de trinta talleres de impresión repartidos en cidades, mosteiros e pobos pequenos: Segovia, Valencia, Zaragoza, Barcelona, Sevilla, Salamanca, Valladolid, Zamora, Burgos, Toledo, Guadalaxara, Pamplona, Granada, Palma de Mallorca, Murcia, Mondoñedo, Tarragona, Santiago de Compostela, Coria, Girona, Tortosa, Huete, Hijar, Montalbán, Montserrat e San Cugat.
A imprenta tivo un notable desenvolvemento en España promovido polos Reis Católicos, pero este non chegou a ser maior polo forte control da Inquisición e pola carencia de exportación ao mercado europeo. A imprenta española, ao elixir textos en linguas vernáculas, dirixiuse ao mercado nacional, deixando a os grandes talleres italianos, alemáns, franceses e flamencos as edicións latinas de uso xeneralizado.
Museo de la imprenta y Las Artes Gráficas, no Mosteiro do Puig na provincia de Valencia
Imprenta Municipal-Artes del Libro (Madrid)

Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!