Continuamos coa divulgación dos libros recentemente adquiridos pola
biblioteca para o noso fondo moderno, especializado en arte e oficios
artísticos e tradicionais.
Espero que sexan do voso agrado.
Este libro vai dirixido a ceramistas que traballan a moitos niveis. É un
libro que rende homenaxe á tradición pero tamén presenta novas formas
de aproximarse á arxila. Se es principiante, atoparás nel a información
básica que necesitas. Se es un ceramista experimentado en busca de novas
formas de traballar a man en profundidade, este libro tamén é para ti.
Diseño de joyas
: técnicas y métodos de dibujo e ilustración profesionales / Manuela
Brambatti, Cosimo Vinci ; textos históricos de Alessandra Possamai.--
Barcelona : Promopress, 2019
Este libro analiza os aspectos para representar graficamente
unha gran variedade de xoias. As relacións de volume, o equilibrio
entre cheo-baleiro, o tratamento das superficies metálicas, os materiais
e cores máis cálidas e os máis fríos e a relación entre o soporte e a
pedra explícanse en profundidade xunto coas formas de iluminar a xoia, o
tratamento da luz e os clarescuros. O obxectivo non é mostrar xoias acabadas senón máis ben proporcionar as
ferramentas para adquirir un método de traballo que permita representar
ben as ideas, desde as proxeccións ortogonais e axonométricas ata as técnicas (acuarela, témpera, tinta, técnica mixta) e os diferentes soportes. O libro empeza coas estruturas xeométricas simples para ir
evolucionando, a partir de varias deformacións e multiplicacións, en
formas máis complexas.
Realismo imaginativo : cómo pintar lo que no existe / James Gurney.-- Madrid : Anaya Multimedia, D.L. 2016
A maioría dos manuais de debuxo ensínannos como debuxar ou pintar o que
vemos: bodegóns, paisaxes, retratos. Que sucede, en cambio, cando
queremos crear unha imaxe realista de algo que só existe na nosa
imaxinación? Este libro mostra os métodos máis eficaces utilizados polos
artistas, desde o Renacemento ata os nosos días. «Realismo imaxinativo de Gurney é unha mina de ouro para
artistas que queren crear imaxes evocadoras, impactantes, que deleiten
ao espectador con ricos elementos visuais doutro mundo».
Manual de dibujo abreviado = Ryakuga hayaoshie / Katsushika Hokusai ; edición de V. David Almazán Tomás.-- Vitoria - Gasteiz : Sans Soleil, 2018
Este manual de debuxo do artista Katsushika Hokusai (1760-1849), é unha obra visualmente fascinante que nos mergullará no complexo mundo visual do mestre xaponés. Dentro da súa produción atópanse uns sorprendentes manuais de pintura nos que Hokusai
transmite tanto a artistas en formación como a afeccionados ás artes do
pincel as súas insólitas técnicas e a súa particular visión da
composición. Unha coidada edición dirixida tanto á amantes da arte e a cultura de
Xapón, como tamén aos artistas, aos estudantes de debuxo e deseño e,
mesmo, aos interesados no manga, que teñen en Hokusai unha referencia indispensable.
Fortuny o el arte como distinción de clase / Carlos Reyero.-- Madrid : Cátedra, 2017
A mediados do século XIX, a arte empezou a funcionar como
un elemento de prestixio para unha nova elite desexosa de exhibir o seu poder, non sempre experta en sutilezas estéticas. A posesión e o
recoñecemento das obras de Fortuny converteuse nun signo
de distinción de clase que aparece profundamente determinado por paixóns
humanas. Esta circunstancia singular serve de arranque para penetrarse
nun universo de intereses mundanos que vai máis aló da
pura traxectoria vital do pintor, Mariano Fortuny y Marsal, observada desde unha multiplicidade de
puntos de vista, tales como a amizade, o amor, a frivolidade, a
presunción, o sexo ou a nostalxia.
Las artes de los reinos de África : la majestad de la forma / Suzanne Preston Blier.-- Madrid : Akal, D.L. 2011
Esta obra explora as distintas formas en que os gobernantes africanos se serviron da arte e a arquitectura para definir a súa identidade
individual e estatal desde o século XVI ata finais do XX.
Reúne un rico repertorio de ilustracións que inclúen gravados do século XIX, fotografías contemporáneas de gobernantes co seu séquito, obxectos in situ e expostos en museos, e debuxos explicativos de símbolos e motivos decorativos da realeza. Palabra e imaxe únense, pois, para ofrecer unha visión única da arte dos reinos de África, cuxa perenne importancia quedou de manifesto nas comunidades africanas recolocadas nas Américas.
Reúne un rico repertorio de ilustracións que inclúen gravados do século XIX, fotografías contemporáneas de gobernantes co seu séquito, obxectos in situ e expostos en museos, e debuxos explicativos de símbolos e motivos decorativos da realeza. Palabra e imaxe únense, pois, para ofrecer unha visión única da arte dos reinos de África, cuxa perenne importancia quedou de manifesto nas comunidades africanas recolocadas nas Américas.
Continuará...
Encántame o de deseño de xoias, ten unha pintaza!! moitas grazas Mj
ResponderEliminar