Bolso "Árbol" |
-¿Como comezaches no Coiro?
-Nos oitenta, fixen unha viaxe a Granada e coñecín a uns artesáns que facían sandalias de coiro, estiven con eles varios meses enganchada ao material e á maneira de traballar, a partir de aí seguín experimentando con este material ata o dia de hoxe.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
-No coiro sempre encontrei o soporte perfecto para desenvolver a miña creatividade.
-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
-Sen dúbida a estampación, e todas as formas de decoración do coiro, tinturas, pinturas, gravados...
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
-Unha maleta de viaxe.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
-Que experimente todas as posibilidades deste material tan versátil antes de centrarse nunha soa técnica.
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
Pata de Cabra e Buríl |
-¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?
-Hai moitos e moi bos artesáns do coiro, nacionais e internacionais, a lista seria moi grande e seguro que quedaría alguén atrás...
"Da Terra" |
"Granat" |
TACHIBANA & CABUXA |
Malladoura, 9 - Baldráns
Tui
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!