martes, 5 de maio de 2020

Oteiza e a Desocupación da forma (PARTE 1) [TALLA E ESCULTURA]


Oteiza



Jorge  Oteiza nace en Orio (Guipúscoa), a súa infancia transcorre entre San Sebastián e Orio. Trasládase a Madrid onde cursa estudos de Medicina. Posteriormente asiste á escola de Artes e Ofícios e comeza a realizar as súas primeiras esculturas. Os seus inicios como escultor están marcados pola obra de artistas como  Jacob Epstein, Dimitri Tsaplin ou Alberto  Sanchez. En 1935 trasládase a Sudamérica, onde combina a  docencia  coa súa actividade artística. Investiga sobre procedementos cerámicos en Buenos Aires e Chile.

En 1948 regresa a España e instálase en Bilbao. Alí comeza o período máis intenso da súa traxectoria como escultor.

Nese tempo comeza a súa procura da Estatua como organismo puramente espacial. A súa obra vaise liberando de materia para facerse máis lixeira e dinámica, Unidade tripla e Liviá, 1950, e é tamén neste ano cando realiza unha das súas obras máis emblemáticas, a  estatuaria da Basílica de Aránzazu. Realiza nestes anos tamén estudos sobre a a incidencia da luz na escultura. En pezas como Homenaxe a  Boccioni (1956-57) ou a serie A Terra e Lúa, comeza a realizar pequenos orificios ou perforacións na masa escultórica con distintas traxectorias que denomina “condensadores da luz”. É nesta época cando comeza a procura dunha nova linguaxe que facilite a transformación dunha escultura pesada e estática a un “organismo espacial” aberto e dinámico. O cilindro, a esfera e o cubo ábrense.





En 1957 recibe o Premio Internacional de Escultura de Sâo Paulo (Brasil), obtendo recoñecemento internacional. A partir de aquí comeza a súa investigación co “módulo  Malevitch” en homenaxe ao pintor ruso  Kasimir  Malevitch; realiza unha serie de construcións baleiras de ferro, as “Caixas Baleiras”, que acabarán derivando na súa obra máis intimista, as Caixas Metafísicas, como  receptáculos dun espazo sacro de salvación.






En 1959 abandona a escultura e dedícase á investigación estética e lingüística. Nos setenta renova a súa actividade plástica experimental co proxecto Xices.
En 1975 instálase coa súa muller en Itziar, Navarra, e fai doazón da súa colección á Comunidade Foral.
O 9 de Abril de 2003 falece en Donostiar-San Sebastián sen poder chegar a ver a inauguración do Museo  Oteiza  Museoa o 8 de Maio dese mesmo ano.

Oteiza explica a súa obra neste vídeo


Bibliografía e enlaces Web
Oteiza: mito y modernidad, catálogo museo Guggenheim Bilbao, Bilbao 2004
Museo Oteiza, Departamento de didáctica.
Museo Oteiza, guía para educadores


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!