Fer no seu Obradoiro |
-¿Como comezaches no Coiro?
-Comecei facendo un curso de coiro por puro entretemento, para pasalo ben, hai xa case 20 anos. Despois as circunstancias do momento fixéronme decidir por este oficio como medio de vida, e hoxe en día alégrome moito de ter tomado aquela decisión.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
-Infinidade de posibilidades, xa que é un material que se pode traballar en moitos grosores, texturas e cores, algúns son tan flexibles como as teas, e outros ríxidos como se fosen madeira.
-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
-A parte do deseño da peza gústame moitísimo, porque tes que ter en conta factores tan diversos como o uso da peza, as dimensións, o estilo e mesmo o coiro que vas ter que utilizar. Despois, técnicas propias do coiro que me gusten especialmente son os gravados a man sobre pel vexetal, e en especial as cenefas con diferentes ciceis.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
-Gustaríame facer una funda ríxida para un instrumento, tipo violín ou parecido, pero a dedicación e o prezo que supoñen sempre foron un impedimento.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
-Que goce do traballo e non teña medo de probar cousas novas, estea no nivel que estea, iso sempre se nota no resultado final das pezas, e a xente o nota e o agradece moito.
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
-Sempre me gustou o matacantos, xa que é una ferramenta exclusiva do mundo do coiro, que permite uns acabados moito mellores. Gústame sobre todo o seu nome en galego “o ferro de vivos”.
-¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?
-Hai moitos, neste mundo hai que ser humilde e ser consciente de que sempre tes moito que aprender aínda. Aquí en Galiza, a nivel técnico hai artesáns de altísima calidade como Medialua ou Vidal Revilla.
Chaveiro |
Bandoleira Irregular |
Caderno |
Caixa |
Mochila Mediana |
http://www.eltallerdefer.com/
fer@eltallerdefer.com
Rúa de San Pedro nº 109
Compostela
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!