Situámonos na segunda metade do século XV. A concepción do mundo está mudando, as ideas humanistas de
Dante Alighieri,
Francesco Petrarca e
Giovanni Boccaccio , pioneiros deste pensamento renovador no século anterior, estenderánse por toda Europa e revolucionarán as artes e as ciencias en un movemento coñecido como Renacemento. O concepto Renacemento foi formulado polo historiador do S.XIX
Jacob Burckhardt como o periodo histórico que abrangue desde
Giotto S.XIV ata
Michelangelo S.XVI, considerando este momento histórico como o inicio da idade Moderna. Son dous os acontecementos ocurridos polos que Burckhardt fai esta consideración: A invención da imprenta en 1450 e o descubrimento de América en 1492.
 |
A Divina Comedia de Dante |
 |
A divina Comedia ilustrada por Gustave Doré. S.XIX
|
A imprenta difundirase por todo o territorio europeo a gran velocidade, e con ela todo o coñecemento. A cidade de Nuremberg será o seu epicentro e a primeira productora de libros entre os S. XV e XVI . Esta produción de libros demandará mestres artesans de todo tipo, entre eles
xilógrafos, grabadores e creadores de imaxes que embelezan as edicións dos libros. Un destes mestres xilógrafos será
Michael Wolgemut, coñecido por ser o mestre de
Alberto Durero, pero tamén por deixar a sua pegada na obra editada màis ambiciosa dos libros incunables (Editados entre 1450 e 1500), As Crónicas de Nuremberg.
 |
A Celestina con imaxes xilográficas |
OUTROS INCUNABLES
• A CELESTINA. 1499
• FASCICULUS TEMPORUM.1480
• OS CONTOS DE CANTERBURY. 1484
• O SINODAL DE AGUILAFUENTE. 1472
• OS DOCE TRABALLOS DE HÉRCULES.1483
• O ISOPETE HISTORIADO.1489
As Crónicas de Nuremberg
O Liber chronicarum é unha historia universal baseada no relato da Biblia. Foi compilada polo humanista e bibliófilo de Nuremberg Hartmann Schedel (1440–1514), e é considerado un dos libros máis densamente ilustrados e técnicamente avanzados dos comenzos da imprenta. Foi impreso en 1493 e ten unha versión en latín e outra en alemán.
 |
Ilustración do escritor Esopo |
 |
Ilustración da cidade de Florencia
|
 |
Ilustración da cidade de Roma |
Contén 1809 grabados producidos a partir de 645 bloques. O empresario de Nuremberg Sebald Schreyer e o seu cuñado, Sebastian Kammermeister, financiaron a producción do libro. Michael Wolgemut e o seu xenro Wilhelm Pleydenwurff executaron as ilustracións en 1490 en un momento no que polo seu obradoiro traballaba un xoven Albrecht Dürer como aprendiz. As vistas das vilas, algunhas auténticas e outras inventadas ou copiadas de modelos máis vellos, son tando de gran interés artístico como topográfico. A cor está aplicada posteriormente a man, como facían os iluminadores dos códices. A plancha xilográfica é única para a aplicación do negro. A aplicación das cores se realizaría con novas planchas, unha para cada cor. Un dos primeiros artistas en utilizar varias planchas xilográficas para a aplicación das cores foi
Lucas Cranach, pero xa décadas despois da edición das Crónicas de Nuremberg
 |
Xilografía de Cranach para o Apocalipse. 1523 |
Pero se temos que salientar un xilógrafo e ilustrador nacido no contexto de Nuremberg, ao redor da aparición da imprenta e ao redor das Crónicas de Nuremberg ese foi Alberto Durero, que non só puxo en práctica o aprendido no obradoiro de Wolgemut, posiblemente con algunha aportación ás xilografías do libro, senón que levou a técnica xilográfica a cotas nunca antes alcanzadas ata esas datas. O aprendiz superou o mestre.
 |
Xilografías de Durero para o Apocalipse. 1498 |
Desta xoia ilustrada sobreviven unhas 700 copias que se atopan dispersas en diversas coleccións por todo o mundo. En España na
Academia de San Fernando se conserva unha copia.
Podedes ver un orixinal dixitalizado. Disfrutade.
CRÓNICAS DE NUREMBERG dixital
Gústame moito, grazas pola información.
ResponderEliminar