O hydraulis (ou hydraulos) era un órgano musical hidrostático extensamente coñecido no mundo mediterráneo durante a antigüidade. Etimolóxicamente, o térmo que o designa formase coas palabras gregas “hydor”, augua e “aulós”, frauta (“seba” en exipcio), e constitúe a designación xenérica de toda unha variedade de instrumentos de vento.
Na súa orixe os aulós dobres eran frautas de dous tubos con cinco furados cada un, que se facían soar a impulso do ar. Esta frauta dobre de tubos xustapostados conocíase en Exipto como o “mait doble” e en Babilonia como o “souponiah” (de donde se deriva a palabra “sinfonía”) Posteriormente introdúxose a frauta dobre de tubos separados nun ángulo converxente na embocadura. Este tipo de frauta empregouse en Exipto durante o Imperio Nuevo. Co tempo acopláronse sete tubos suxeitos a un ou dous listóns ou bastidores, o que deu por resultado o “augab” hebreo, mellor coñecido como a frauta de Pan, representada en monumentos fenicios, chipriotas e gregos. O hydraulis, máis complexo, estaba composto por varios canóns ou tubos onde se producía o son, uns foles que impulsaban o ar e un teclado. Era en realidade a reunión de varios sistemas de tubos sonoros de diversa materia, extensión e timbre. De excepcional importancia polas súas aplicacións técnicas, foi tanto un instrumento mecánico como musical.
Nesta ligazón tedes moita mais información sobre o Hydraulis:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!