venres, 3 de abril de 2020

Entrevista a José Bertolo [COIRO]

Hoxe tócalle o turno da nosa entrevista a José Bertolo, que ten o seu obradoiro en Vigo.
José Bertolo no seu Obradoiro

-¿Cómo empezaches no coiro?
-Sendo moi neno, miña nai deixabame xogar na tenda duns zapateiros que tiñan o seu taller ao caron da miña. Máis tarde chamabame a atención o talabarteiro que viña a feira quincenal que se celebraba na alameda do Lérez de Pontevedra. Estaba claro que o coiro chamaba a miña porta dende ben pequeño.
Anos máis tarde, tiven a sorte de que se cruzase no meu camiño un hippie que me aprendeu a facer o primeiro chapeu  e aí, con 14 anos, engancheime definitivamene a este mundo.

-¿Qué ten o coiro que non teña outro material?
-É brando, é duro, é forte, é suave, os anos fan que a vida que pasa por cada peza vaia convertindoa en algo único e irrepetible.
Outra cousa que me parece impresionante do coiro é que podes facer con él o que queiras, o teu maxín é o limite.

-Dentro das técnicas que coñeces ¿cal é a túa favorita?
-Gustame especialmente xogar coas cores malia tamén me apaixona trenzar. Ver como cunhas
sinxelas tiras de coiro, podes descubrir múltiples deseños simplesmente variando a secuencia
matemática de cruces.

-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
-Xa hai moito tempo que teño ganas de facer unha paisaxe boscosa con técnicas de incisado,
mateado, repuxado e policromado usando toda una pel de vaca, de 3 mm de espesor.

-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
-Que teña paciencia, este oficio é cuestión de tempo e de intercambio, todos aprendemos de
todos e, tamén, algo que me parece fundamental é que non teña medo a experimentar e que
use peles de boa calidade. Eu son un fanático do curtido vexetal que defendo sempre.

A Xoia
-¿Tés alguna ferramenta “especial”?
-Como só utilizo ferramentas manuais, as miñas axudantas favoritas son anacos de buxo,
traballados por artesans é algún deles con moitos anos de historia. Por exemplo un pé de
cabra atopado nun mercado de antigüidades é que polas súas formas debe levar mais de 100
anos brunindo coiro.

-¿Tés algún referente no oficio que consideres inspirador?
-Moitos, pero por exemplo ver a Jim Linnell traballar coa coitela fai que queira mellorar cada día. Falar con Don Jose Villar amósame canto me falta por aprender. Tamén me gusta moito a frescura da xente da EMAO que garanten a continuidade deste oficio.

José Bertolo
Telf : 676330593

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!