La Roldana
Luisa Roldán foi unha gran escultora barroca. Muller independente e forte loitou por facerse un nome nun mundo de homes, no que o papel da muller estaba relegado ao anonimato, sempre como axudante dun taller onde as pezas eran asinadas por un escultor. La Roldana pertence a ese grupo de mulleres tenaces e rebeldes que son quen de loitar contra corrente. Conseguiu o respeto dos seus coetáneos grazas ao seu gran talento, a súa delicadeza de formas e a súa orixinalidade na realización do seu traballo. Aínda así quedou esquecida da Historia. Non é ata principios do século XX cando comezou a ser recuperada do olesquecemento.
La Roldana naceu en Sevilla en 1652, filla do escultor Pedro Roldán, xunta cos irmáns formouse no modelado, talla e debuxo no taller do seu pai; de feito moitas das súas esculturas fóronlle atribuídas.
En 1671 á idade de 19 anos abandoa o taller do pai para casarse co aprendiz Luis Antonio de los Arcos, sen consentemento paterno. Isto fixo que se rompera toda relación coa familia e comence a súa difícil andaina montando o seu propio taller en Sevilla, algo insólito na época, xa que as mulleres sempre exercían baixo a tutela dos homes; aínda que dos contratos de obras e dos cobros ocupábase o seu home.
A súa escultura é de temática relixiosa, principalmente traballos de imaxinería. Desa época son pezas como o San Miguel do Mosteiro do Escorial ou o Padre Jesús Nazareno do convento das Franciscanas de Sisante, Cuenca.
Luisa Roldán, “El Arcángel San Miguel aplastando al diablo” (1692). Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial, Madrid. |
Luisa Roldán en 1688 decide trasladarse a Madrid buscando ampliar a posibilidade de encargos. É alí onde chega o máximo recoñecemento da súa carreira como escultora; nomeada escultora de cámara da corte do rei Carlos II e máis tarde do seu sucesor Felipe V. Así, Luisa Roldán, ademais de ser a primeira escultora española recoñecida como tal, tamén foi a primeira muller escultora de cámara dunha Corte.
Do seu paso por Madrid son uns orixinais grupos escultóricos de pequeno formato feitos en barro e policromados polo seu cuñado Tomás de los Arcos, esculturas das que foi pioneira, xa que ata o momento non se facían ese tipo de traballos decorativos "alfaias de esculturas" como ela chamaba, que tiveron moito éxito entre as familias nobles. Este sería o seu traballo ata súa morte en 1706.
‘The Ecstasy of Saint Mary Magdalene’, ca 1690. Colección Hispanic Society en exposición no MET Museum, NY. |
Ainda que foi a primeria escultora de cámara e que Antonio Palomino incluiuna no seu tratado de pintura e escultura de principios do XVIII, seu nome quedou relegado o olvido. É a partir do interese que na súa obra puxeron os centros de arte internacionais coma o Metropólitan a Hispanic Society of America de Nova York ou o Victorian & Albert de Londres; subastas dos pequenos grupos escultórico que chegaron a máis de 3 millóns de Euros e sobretodo a exposición de arte español dos siglos XVII e XVIII, Lo sagrado y lo real, Que realizo a National Gallery de Londres en 2009, o que fai que ágora todo os museos queren posuír una obra da Roldana.
Podedes ver o documental sobre a súa vida neste enlace
Bibliografía e enlaces web:
¡Qué pioneira! Moi interesante a súa biografía ¿Cantas das súas obras se quedarían no "silencio" atribuíndose a outros? Un saúdo
ResponderEliminarPois si Sonia, non so en silencio, se non con otra autoría. O mais triste e que nas facultades de Bellas Artes non as mencionan, recordó estudiar a todos os escultores de tódalas épocas pero nunca unha escultora muller. ai que poñelas no sitio que lles corresponde
EliminarNon fun quen de por o meu nome, son Sonia:)
ResponderEliminarHai que mudar iso, grazas por darlles a voz que non tiveron
ResponderEliminar