Nota: Os medios son os que teño na casa, xa que parte do material está na Escola e outra parte no taller.... así que aínda que sinxelo espero que vos sirva.
1- Transferimos o debuxo a un trozo de Coiro.
3- Para facilitar a adherencia do bloque, conven raspar ou lixar a flor, para eliminar o brillo que poida ter, e así que a superficie quede preparada para o agarre.
4- O aspecto da flor debe ser algo "aterciopelado", o das capas interiores, non a superficial.
5- Pegamos as capas con cola blanca, tamén se pode usar a de contacto, pero coa branca o lixado e o tallado poden resultar máis limpos, xa que a peza vai quedar máis dura e o con contacto a unión quedaría algo máis "gomosa".
6-Neste caso e dado o grosor das capas optamos por cortar a figura da primeira capa, para non ter que forzar moito o corte e así sexa algo máis doado. Outra opción sería cortar as siluetas soltas e despois pegalas.
7- Isto xa vai collendo forma...
8- Coa axuda do matacantos e o bisturí (tamén che serviría unha gubia) comezamos o tallado, que neste caso será redondear os bordes, pero poderíamos incluso chegar a facer vaciados.
9- Podemos ir comendo do borde ata dentro coa profundidade en inclinación que queiramos. Incluso coa virutilla, pegandoa na superficie podemos conseguir efectos de volumen.
10-Unha vez redondeado conven darlle unha man de lixa para suavizar os bordes o máximo posible para facilitar o moldeado.
11- Bruñimos os bordes e a flor con fruición para que o Coiro que vamos a traballar non se nos quede pegado e sexa doado sacarlle o molde can rematemos.
12- Como diría Manuel (un alumno de hai uns anos) "cando cheire a allo" sabrás que está ben bruñido, chega o momento de cortar o Coiro que vamos a moldear, que sexa algo máis grande que o molde e o mollaremos.
13- Debemos ter en conta sempre que a carne é a parte máis permeable do Coiro, polo tanto antes de comezar a moldear conven empapar a carne. Xa que despois non imos ter acceso á parte que cubre o molde.
14- Recomendamos tamén romperlle un pouco planchado á flor para que o Coiro se adapte ben ó molde.
15- Estiramos o Coiro e o centramos sobre o molde.
16- Cos buriles que traemos de serie, os dedos, asentamos o Coiro sobre o molde, e comezamos a asentar o contorno, para ir estirandoo.
17-Canto máis amoldemos coa mán, menos traballo teremos que facer no axuste.
18-Coa axuda dos buriles comezamos a traballar a superficie e os bordes tratando de definir ben as formas e alternando as zonas a traballar xa que ó estirar o Coiro se nos pode perder a forma que buscamos.
19-Unha vez obtida a forma desexada, deixamos secar o Coiro.
20- Se vos fixades, no borde do molde poderedes comprobar que axustamos ó máximo sobre o molde, de non facelo así a linea o redor do molde sería máis ancha e o molde "bailaría".
21- Cando esté ben seco o Coiro moldeado podemos retirar o molde con facilidade, de ahí que o mesmo molde nos sirva para realizar pequenas pezas en serie.
22- Como sempre que facemos un repuxado conven poñerlle un recheo, neste caso cola blanca e anacos de papel de cociña, se estiveramos en García Barbón 5 probablemente empregaríamos pó de Coiro, do que se trata é de que quede cheo por completo o moldeado.
23- Aplicmos capa de cola, e capa de papel, presionamos un pouco o papel para que se empape, e outra capa de cola.... e así ata chegar ó borde.
24-Aquí podedes ver a definición do borde da altura alcanzada e a forma redondeada do molde.
25- E voilá..... un moldeado en Coiro de todo corazón.
NOTA ACLARATORIA: Os medios ó noso alcance son os que son debido ó confinamento, que nos pillou co equipo disperso por diferentes lugares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!