Hoxe imos ver un documental gravado no ano 1984 por Pablo Quintana, no que se falaba do "toque pechado" na gaita.
Nel podemos ver e escoitar a Nazario Gonzalez "Moxenas", Enrique Ambite, Ricardo Portela e Álvaro Fouz, que nos dan cada un a súa visión particular do toque pechado. Desgraciadamente todos os protagonistas do vídeo xa faleceron, o que fai que este documento teña, se cabe, máis transcendencia.
Obviamente o mundo da gaita cambiou moito en todos estes anos, nalgunhas cousas para ben e noutras non tanto, mais o que queda na historia é o bo facer e a paixón destes catro Gaiteiros Galegos, dos pés á cabeza.
Gozade do documento.
Creo, que seria interesante, compartir unha xornada con calqueira destes grandes mestres da gaita.
ResponderEliminarCarlos intenta que visiten a EMAO, e nos comenten o seu saber.
Estaría encantado de facelo, pero ningun deles está vivo por desgraza
Eliminar