Traballamos as posibilidades da liña e o punto nunha serie de obxecto-zapato que xa rematamos.
Son varias as posibilidades que exploramos:
LIÑA CONTORNO. LÍMITE DAS FORMAS
Comezamos polo contorno, debuxando os límites da forma, pechando espazos e entendendo que os obxectos son formas que se poden traducir a formas básicas.
Debuxos: Manuela e Violeta |
LIÑA VOLUME
A liña como xeradora de volume. Os cambios de dirección das liñas dan efectos volumétricos sen aplicar luces e sombras.
Debuxos: Carmen e Olga |
LIÑAS PARALELAS
As liñas nunha dirección que non se cortan, pero darán un efecto de grises diferentes xuntando ou separando as mesmas.
Debuxos: Olga e Andrea |
Menudo nivel!!
ResponderEliminarParabéns a los alumn@s.
A verdade é que estades traballando moi ben. Veredes máis debuxos que ainda están en proceso. Parabéns
ResponderEliminarQue buenos!...se nota el disfrute.
ResponderEliminar