María Moares no seu Obradoiro. |
Comecei sendo autodidacta, facendo os meus primeiros traballos na casa. Máis tarde fixen varios cursos para ampliar coñecementos.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
O coiro é unha materia adaptable e moi resistente. Pódese cortar, dobrar, repuxar... sen que perda as súas virtudes. É un material co que se poden facer dende cousas moi sinxelas ata pezas complexas.
-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
Como se pode ver no meu traballo, gústame moito usar coiro tinguido de moitas cores diferentes. Utilizo tintes naturais, o que me permite mesturalos para crear cores novas. De ahí ven o nome do meu obradoiro "Mestura de Kores".
Aparte diso, algo tan simple coma un cosido á man, dálle un toque á peza que marca a diferenza.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
O mellor de ser a túa propia xefa é que podes ir levando a cabo as ideas segundo me vén a inspiración.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Nunca deixes de aprender cousas novas e de experimentar. Aínda que sexa unha arte tradicional debe seguir evolucionando e podes atopar a inspiración onde nunca o imaxinaches.
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
A mellor ferramenta que se pode ter é una ferramenta de calidade. Ter sempre a man unhas tesoiras e coitelas ben afiadas.
-¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?
Gústame estar pendente das tendencias actuais en moda para poder crear novos deseños que poidan ir da man co estilo da tempada.
Baleirapetos Flor |
Bolso |
Fundas de Abano |
Mochilas e Alpargatas |
Sandalias |
Mestura de Kores
Teléfono 618-838-220
Tamén nos podes atopar en facebook e Instagram
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!