Takuro Kuwata 1981( Hiroshima, Xapón) se graduó en 2001 na especialidade de cerámica na escola de Belas Artes de Kyoto e é discípulo de Zaima Susumu, do que di que o fixo “adicto” á cerámica. As súas obras de cerámica orgánica de cores vibrantes non pretenden ser funcionais, a miúdo deléitase coa súa extrema disfuncionalidade, esteticamente móvese entre o agradable e o desagradable achegándose ao obxecto kitsch. Kuwata mestura técnicas innovadoras combinándoas con técnicas tradicionais como son a utilización das cubertas Karagi e Ishihaze, incorporando minerais na arxila para permitir que as formas evolucionen durante a cocción. O seu proceso único e as súas técnicas radicais están a transformar activamente a cerámica contemporánea. Ademais das súas numerosísimas exposicións en Xapón, tamén expuxo en Alemaña, Nova York e Corea do Sur. Entre os seus moitos premios destaca a súa selección como finalista dos Craft de Loewe, que incorporou os seus traballos na colección outono-inverno 2020. Kuwata vive e traballa en Toki, Xapón.
martes, 7 de abril de 2020
Takuro Kuwata [CERÁMICA]

Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
❤️
ResponderEliminarMoi orixinal e técnicamente rachador.
ResponderEliminarGrazas Miguel, por achegarnos a obra de todos estes artistas.
ResponderEliminarIntenté hacer una pieza así en casa Miguel, cuando la cueza a ver el resultado. Me encanta este artista.
ResponderEliminar