sábado, 4 de abril de 2020

Adeus a Luis Eduardo Aute [BIBLIOTECA]

Hai unhas poucas horas que falecía en Madrid, Luis Eduardo Aute, un dos principais referentes da canción de autor en España. Nado en Manila o 13 de setembro de 1943, desenvolveu a súa carreira en múltiples ámbitos, onde demostrou un talento polifacético. Pintor, escultor, director de cinema, actor e poeta, aínda que onde máis destacou foi na música con 19 discos de estudo. 

A súa faceta pictórica, menos coñecida, desenvolveuna desde moi novo e expuxo por primeira vez, na Galería Alcón de Madrid, en 1960. Autor dunha voluminosa produción figurativa, sobre todo pictórica pero tamén escultórica, os seus traballos viaxaron a feiras como a Bienal de París, a de Sao Paulo ou ARCO. Entre 2004 e 2010 realizou unha mostra retrospectiva itinerante que baixo o título "Transfiguraciones" levou a súa obra por toda España e algúns países de América Latina.

Aute comezara a irse no ano 2016 cando un grave infarto deixara moi debilitada a súa saúde. Artista multidisciplinar admirado por varias xeracións, forma parte xa da banda sonora das nosas vidas.

Descanse en paz!










Aqui tedes un avance do documental " Aute Retrato" dirixido polo cineasta Gaizka Urresti para RTVE

2 comentarios:

  1. Sen dúbida unha gran perda para a cultura. D.E.P.

    ResponderEliminar
  2. Unha gran perda aínda máis difícil de asimilar neste momento.
    Coma el, todos "pasábamos por aquí...".
    Con moita pena, pois forma parte importante das nosas emocións xuvenís.
    Que a terra lle sexa leve.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!