Teño que confesar que son algo desordeado, os meus alumnos sábeno ben... e ademáis teño o meu material espallado entre dous trasteiros, o meu taller almacén, a miña casa e a Escola. O último día que estiven na Escola, o 13 de marzo trouxen material e ferramentas para casa, polo que puidese pasar, pero non me trouxen tintes, nin pátinas, soamente un pequeno bote de Laca Acuosa que teño que ir dosificando porque non sei canto vai durar isto... Así que mentres que vou facendo pezas para os tutoriais que vou facendo noto que se me quedan cortos no acabado e na aplicación de cor, levo un par de días dandolle voltas ás diferentes opcións para engadir un toque de cor e onte pola noite se acendeu a bombilla cando vin a caixa do
Quimicefa que os Reis Magos lle trouxeron a Pepe e a Fermín este ano; abrín a caixa e alí estaba... Bicarbonato Sódico. Grazas
Quimicefa. Aquí vos deixo un pequeno
paso a paso dun tinte caseiro que aprendín hai case 20 anos nun curso de Coiro que fixen con Miro Magariños como profesor.
Material:
Auga, Bicarbonato Sódico e Coiro de curtido vexetal sen tinguir.
|
Podemos mercar este produto quimico nos Supermercados ou Farmacias. |
|
Mesturamos con auga na proporción que desexes, iso sí, ten en conta que vai ser moi difícil volver a conseguir o mesmo ton. |
|
Trata de diluir ben a mestura, xa que se quedan grans poden producir manchas máis escuras. |
|
Comparación, en seco, tinguido e sen tinguir |
|
Dúas pingas secas dunha mestura máis concentrada. |
|
Proba de goteo, aínda húmido. |
A ver que vos sae... ¡sorte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!